martes, 10 de agosto de 2021

Seguimos de festas...

 





Estimada familia destas Parroquias:

Volver á sinxeleza. Este tempo de vacacións bríndanos a oportunidade de saír da complexa noria do día a día para descansar un pouco noutras áreas: familia, natureza, cultura, lecer..., etc. A présa e a tecnoloxía a miúdo nos envolven en sofisticación e falta de tempo.

Convídovos a disfrutar das festas que celebraremos estes días: A Peregrina en Bertamiráns; San Lorenzo, Santísimo e San Roque en Agrón e Nosa Señora e Santísimo en Trasmonte. Parabéns a cada unha destas poboacións. Na entrada anterior deste blogue podes ver as horas das celebracións e unirte. En todas temos en conta as medidas sanitarias vixentes para que as nosas igrexas sexan espazos seguros.

Hai moitas actividades nestes días. Agradézolles toda a colaboración que poden prestar en todos os campos para que brillen de verdade as nosas festas e Aquel para quen as facemos.

Feliz verán a todos!

José Luís Dorelle

Párroco

No hay comentarios: