domingo, 9 de mayo de 2021

Avisos parroquiais desta Unidade Pastoral

 

Avisos ….

Para os veciños de Agrón:

Despois da reunión mantida o pasado 31 de marzo acordouse abonar na conta parroquial de ABANCA ES05 2080 0327 4130 4000 7212 (indicando nome da casa e lugar ou panteón) ou ao Párroco os gastos de mantemento do cemiterio e parroquia. Gracias a todos.

 

Para os veciños de Brión e asistentes á Capela de Santa Minia:

O 7 de abril comezaron as obras de Restauración do Retablo-baldaquino e Sepulcro de Santa Minia. Polo que as Misas serán todas na igrexa parroquial mentres dure este proceso. O custo total será de 24.000€. Na igrexa poderá consultarse o proxecto aprobado por Patrimonio e Arcebispado. Aportacións voluntarias ata o momento: 1.775 €

 

Para os veciños de Cobas:

Intervención para arranxar as filtracións de auga que entran no interior do templo pola fachada e tellado. O custo é de 6.957,50€. Os veciños poden recoller na igrexa máis información. Cos fondos parroquiais existentes xa se abonou o 30% do total. Aportacións voluntarias ata o momento: 3.340 €

 

Para os veciños de Ortoño:

Van ser cambiadas as ventás da igrexa parroquial. O custo é de 8.488,15€. Pode consultarse co Párroco calquer dúbida relacionada con esta intervención encamiñada a mellorar o templo. Cos fondos parroquiais abonouse o 30%. Aportacións voluntarias ata o momento: 6.325 €

 

Aquelas persoas que desexen un certificado do seu donativo para o imposto da Renda (IRPF) e así desgravar poden solicitalo.

Moitas gracias a todos pola colaboración económica con estas obras.

No hay comentarios: