domingo, 18 de marzo de 2018

Concurso nenos da Catequese



Convócase un concurso de redacción e coloreado para os nenos da Catequese parroquial, con arreglo ás seguintes bases: 1. Poden participar só os nenos inscritos na Catequese no turno da capela ou da igrexa parroquial. 2. Hai dúas modalidades: colorear esta lámina e redacción dun máximo de 25 liñas en lingua galega ou española. 3. A temática da redacción deberá ser sobre a vida de Xesús nos últimos días (de xoves santo a domingo de resurrección). 4. O nome de cada participante figurará no dorso da folla entregada. 5. O prazo para entregalos remata o domingo 25 de marzo ás 20 horas. 6. O xurado fará público o seu fallo o 1º día de catequese despois da Semana Santa. 7. O xurado pode declarar deserto o premio se non alcanzan a calidade esperada os traballos presentados.
O premio para o mellor traballo de coloreado  e de redacción será un vale de 25 € para cada modalidade en material escolar nunha librería de Bertamiráns, respectivamente.
Igualmente ambos gañadores terán o agasallo de un ovo de pascua.

No hay comentarios: