Benvidos un ano máis, á festa da Virxe Peregrina de Bertamiráns na
parroquia de Ortoño. Motivo de alegría pois Ela é o orgullo da Maía.
Decimos da Virxe que é Peregrina porque
efectivamente dedicou toda a súa vida a camiñar para atender as necesidades dos
outros antes que as súas propias, e aínda sendo o máis fermoso que saíu das
mans de Deus; ela di de si mesma que é a “escrava do Señor”.
Desde o día 4 de agosto iniciamos a
novena para aumentar o amor que lle profesamos e que ela nos amose a Xesús, o
froito bendito do seu seo. O domingo 13, festa grande coa misa e procesión…neste
programa de festas podedes ver todos os datos dos solemnes cultos que se van a
celebrar eses días e algunhas novidades como sempre pretendemos.
Para todos nós, os de Bertamiráns e
contorna, sexamos crentes ou non, esta é
a festa do verán, das vacacións, da diversión e de facer familia e pobo entre
todos.
É a festa dos primeiros amores e onde hai
anos moitas parellas botaban as primeiras bailas, coas orquestras e verbenas á
beira da súa antiga capela. Este 2017 é un ano moi significativo para este pobo
por haber 20 desde 1997 en que a imaxe da Virxe foi trasladada dende a antiga
capela ata a actual, a ese evento queremos darlle o realce que debe ter e
renovar a gratitude a todos os que o fixeron posible.
É a festa das lembranzas tan
importantes para todos. Dalgún xeito é momento de facer memoria de tantas
persoas que conviviron con nós e xa pasaron á eternidade e que nós recordamos
con afecto e nestes días volven con forza ao noso lado.
Parabéns a todos e cada un dos veciños
e veciñas desta vila, parabéns á Comisión de Festas e á Confraría que co bo
facer de ambas contribúen a que todos gocemos destos actos e sempre da ledicia
de cantarlle á Virxe e berrar con forza:
Viva a Peregrina!
Con
afecto para todos e co desexo de saudarnos persoalmente recibide unha aperta do
voso cura,
José Luis,
Párroco de
Ortoño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario