lunes, 18 de agosto de 2014

Saúda do Párroco


Saúda do Párroco

 

Nos días pasados tivemos no seo da nosa comunidade parroquial a festa da Virxe Peregrina que como é costume estivo precedida pola novena, funeral de cofrades, procesión de antorchas e fin de semana da festa.

 

Momentos todos eles de oportunidade para lle amosar o noso amor á Nai de Deus na advocación fermosa de Virxe Peregrina. E momentos de xuntanza para compartir a fe católica na Capela de Bertamiráns e nas dúas procesións que tivemos nos exteriores da mesma; así como na misa de Primeiras Comunións o sábado na que 15 nenos recibiron a Xesús Sacramentado.

 

Quixera deixar constancia da miña gratitude persoal para con todos; louvando en especial á colaboración da Cofradía da Peregrina, do coro da Capela, do Concello de Ames e da policía local durante a procesión.

 

A todos, MOITAS GRACIAS.
 
Con afecto,
José Luis, cura de Ortoño e Covas.
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi Boas Sr. Consiliario.

Moitas gracias por este saudo. Gracias por que cada ano fas que a novena sexa diferente. Gracias por traballar ca Cofradia codo con codo.

Un abrazo
Señora secretaria