sábado, 27 de julio de 2013

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 268

 
Intencións das Misas

 

Luns 29: Santa Marta.

·         19.30 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.

·         20.30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Vázquez Otero (Nolete).

 

Martes 30:

·         19.30 h.: en Ortoño, por Manuela Martínez Nieto e José Iglesias Garabán.  

·         20.30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Vázquez Otero (Nolete).

 

Mércores 31: San Ignacio de Loyola.

·         19.30 h.: en Ortoño, por Mercedes Otero Rey (10º Aniversario) e o seu esposo Andrés Lodeiro Sebe (65º Aniversario).

·         20.30 h.: en Bertamiráns,  por América Abet Varela.  

 

Xoves 1:

·         19.30 h.: en Lapido, á Virxe da Mercé.

·         20.30 h.: en Bertamiráns, por Peregrina Pisco Martínez (2º Aniversario).

 

Venres 2:

 

·         20.30 h.: en Bertamiráns, Día 1º da NOVENA DA PEREGRINA.  

 

Sábado 3:

·         18 h.: en Ortoño; 1º Aniversario de René Magariños Pereira.

·         19 h.: en Bertamiráns; Día 2º da NOVENA DA PEREGRINA. 

·         20 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata (4º Aniversario); por Ramiro Pampín Botana e Carmen Beiroa Cordeiro; por Flora Raposo Rodríguez; por Celia Patrón e as irmás Gómez Bustelo; por Bartolomé Miramontes e os seus fillos Manuel e Emilio; á Virxe dos Milagros, San Antonio, Santa Rita; e a San Antonio; int. persoa devota.  

Domingo 4: XVIII do Tempo Ordinario.

·         9,00 h.: pola Parroquia.

·         11,00 h.: en Bertamiráns, Día 3º da NOVENA DA PEREGRINA. 

·         12,15 h.: en Ortoño, por Manuel Cardelle Brea (6 meses).

 

AVISO MOI IMPORTANTE

CEMITERIO PARROQUIAL

 

A columna de panteóns que hai na entrada do cementerio parroquial á dereita do pasillo central está afectada por filtracións de auga e por grietas. Faise necesaria unha intervención para evitar desperfectos maiores. Trátase dos panteóns comprendidos entre os números 237 a 278; polo que se lles convoca a unha reunión urxente o 16 de agosto de 2013 no adro da iglesia parroquial ás 21 horas. Dada a importancia do tema a tratar prégase a todos os afectados que concurran en persoa os propietarios dos nichos afectados ou herdeiros, respectivamente. No taboleiro de anuncios da igrexa ou da capela hai unha lista co nome que figura nos panteóns afectados.

 

Capela de Lapido

 

Por mor do inicio da novena da Peregrina; a misa do mes de agosto na capela da Mercé de Lapido terá lugar como figura nesta folla o xoves día 1 de agosto ás 19.30 horas.

 

Novena da Peregrina

2-10 de agosto

Festa: 11 de agosto


Dará comezo o venres 2 de agosto  na Capela da Peregrina. Este día a imaxe da Virxe estrena o báculo recentemente restaurado e sufragado por un doante anónimo.

As persoas que posúan a medalla da Peregrina e desexen que se lles impoña poderán facelo durante calquera das misas da Novena.

 

Horario:

De luns a venres:

-Rezo do Santo Rosario, ás 20 horas.

-Novena e Misa, ás 20.30 horas.

Sábado:

-Rezo do Santo Rosario, ás 18.30 horas.

-Novena e Misa, ás 19 horas.

Domingo: ás 11 horas.
 
 

Proclamas matrimoniais
 
Queren contraer matrimonio canónico segundo o establecido pola Santa Nai Igrexa dunha banda Christian Otero Fontenla, natural do lugar das Cortes nesta parroquia de Ortoño con Ángela Grela Sanmarco, natural de Padrón.
 
Igualmente dunha banda Marcos López Montero, natural de Carballeda de Avia (Ourense) con Marta Justo Domínguez, natural de Carballiño (Ourense); ambos residentes nesta parroquia no lugar de Bertamiráns.
 
 
 
 
 

No hay comentarios: