miércoles, 10 de noviembre de 2010

O blog de historia da parroquia

Novos artigos.


A investigación da historia da parroquia de Ortoño que se mostra na folla parroquial ten o seu lugar tamén na rede.

Nas derradeiras semanas vimos publicando novos artigos interesantes a partires do estudio do noso arquivo parroquial e dos documentos que amablemente nos deixan ver varios feligreses da parroquia

Destaca a publicación, por vez primeira, do índice de matrimonios de Ortoño correspondentes os libros depositados no AHDS. Tratase da listaxe de tódolos casados en Ortoño entre 1659 e 1894.

Outros artigos interesantes son “A estación de ferrocarril de Ortoño” ou “Os artistas que traballaron en Ortoño”.

No hay comentarios: