lunes, 21 de diciembre de 2009

Felicitación de Nadal

Baixaches do alto ceo, Luz sagrada,
á noite de decembro máis escura,
e só con ti naceres nel tan pura,
adiantáche-lo tempo da alborada.

Luz de Deus infinita, aquí pechada
nun meniño, folerpa de brancura:
non houbera xamais tal fermosura
despuntando na beira dunha ollada.

Anxos de neve, nube mensaxeira,
correron pola noite, e paz e gloria
deixaron a promesa e son historia.

Na noite de decembro, anda lixeira
a fe que vai en Ti canta-la vida
e ve-la Luz de Deus adormecida.

O Párroco de San Xoán Bautista de Ortoño
deséxavos a Paz e o Amor da Sagrada Familia
manifestada na cova de Belén


No hay comentarios: